(es) San Miguel de Lillo | ||||
Tipo | igrexa monumento patrimonio histórico español | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Arcanxo Miguel | |||
Parte de | Monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias | |||
Situado na entidade xeográfica | Monte Naranco | |||
Localización | ||||
División administrativa | Lillo, España | |||
| ||||
Características | ||||
Elemento da Lista Vermella do Patrimonio | ||||
Data | 7 de xuño de 2009 | |||
Data de remate | 27 de novembro de 2014 | |||
Identificador | iglesia-de-san-miguel-de-lillo | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 24 de xaneiro de 1985 | |||
Identificador | RI-51-0000046 | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1985 (9ª Sesión) | |||
Identificador | 312-001 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 24 de xaneiro de 1885 | |||
Identificador | RI-51-0000046 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | século IX | |||
Actividade | ||||
Fundador | Ramiro I de Oviedo | |||
Páxina web | santamariadelnaranco.blogspot.com | |||
San Miguel de Lillo (en asturiano: Samiguel de Lliño) é unha igrexa prerrománica dedicada a San Miguel Arcanxo, construída polo rei Ramiro I no monte Naranco, nos arredores de Oviedo (Asturias). Atópase a escasos metros da igrexa de Santa María do Naranco. Posibelmente é a que, segundo a crónica Albeldense, este monarca mandou construír xunto aos seus palacios, con función de igrexa palatina. En principio, puido estar dedicada a Santa María e San Miguel.
Declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1985.[1] En xaneiro de 2009, advertiuse un inminente derrumbamento da estrutura e dunha deterioración case irreparable en xeral das pinturas por mor da gran humidade que a asola.[2] No ano 2011 leváronse a cabo unhas obras de restauración.[3]